Thursday 02 de May de 2024

O Club Lousame Deporte organiza unha excursión ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés o sábado 8 de xullo


O Club Lousame Deporte, en colaboración co Concello de Lousame, organiza unha excursión ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, que terá lugar o próximo sábado 8 de xullo. Unha viaxe dirixida especialmente a todas as persoas participantes nas actividades deportivas municipais do curso 2016/2017, que terán preferencia á hora de inscribirse e para as que o prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de xuño.

Do 29 de xuño ao 5 de xullo abrirase un segundo prazo de inscrición para aquelas persoas que non participaron nas actividades deportivas. O prezo da excursión dependerá do número de inscritos e do número de autobuses que sexan precisos, que sairán da praza Teodomiro Hidalgo ás 8:00 horas do sábado 8 de xullo para regresar pasadas as 23:00 horas.

Máis información e inscricións no Departamento de Deportes do Concello de Lousame (primeira planta da Casa da Cultura “Santeiros de Chave”) ou ben chamando ao teléfono 981 825 780.